XESTA, SOBRE NÓS

A experiencia acumulada durante moitos anos e a seguridade dunha empresa como XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN,S.L., conforman o aval máis importante para todos aqueles que buscan unha vivenda para vivir ou unha segunda residencia, un local ou unha oficina para instalar o seu negocio dende a autopromoción.

 

XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN,S.L. é unha empresa adicada a xestión de cooperativas de vivendas así como a dirección e control de autopromocións de vivendas. 

Formada por xente que leva moitos anos no mundo da xestión de cooperativas de vivendas e que ten as súas costas a entrega de máis de 300 vivendas en diferentes promocións na xeografía galega.

Descubre as nosas últimas autopromocións, edificios da máis alta calidade aos mellores prezos, xa que é o cooperativista quen se aproveita do beneficio do promotor.

Vivendas sen competencia, nas principais cidades de Galicia, que non poderá desaproveitar.

Promocións en curso