QUENES SOMOS

XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN, S.L. (XESTA), é fundada no ano 2011 por un grupo de profesionais que levamos na xestión de cooperativas e autopromocións moitos anos, loitando por un sistema de construción moito máis racional e xusto, no que desaparece o beneficio do promotor así como a impersonalización das promocións feitas co único obxectivo da maximización do beneficio.

 

En XESTA, creemos noutras alternativas aos sistemas actuais que se traducen, no noso día a día, na realización do noso traballo tendo en conta quen é o noso cliente e que é o que quere.

 

A autopromoción de vivendas con algún tipo de réxime de protección é o noso pilar de negocio, xa que creemos no dereito das persoas e familias a unha vivenda digna e nun prezo razoable. 

 

Calquera que contrate os nosos servizos ten que ter claro que dende o primeiro momento formara parte da nosa empresa porque será a nosa razón de existir.