ASESORÍA INMOBILIARIA

En XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN,S.L. asesorámoste en función das túas concretas necesidades. Dende a conceptualización da túa idea, no caso de autopromotores individuais, pasando polo desenvolvemento da mesma, ata o asesoramento personalizado no deseño da túa vivenda en autopromocións colectivas.

 

En todo momento, o noso equipo técnico estará a túa disposición para poder realizar as modificacións e adaptacións necesarias para poder acadar o teu proxecto ideal.

 

En XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN,S.L. asesoramos e ocupámonos de formalizar tódolos trámites relacionados con calquera operación (localización de terreo e compra, deseño do proxecto e consecución de tódolos permisos e licenzas necesarias, ...) ata a entrega final da túa vivenda: 

  • Localización e compra de terreos
  • Estudos Urbanísticos de Aproveitamento
  • Redacción de proxectos e Dirección de Obras
  • Licencia de Obras
  • Estudo de Viabilidade Económico- Financeira da Operación
  • Contratación de Construtora "Chave en Mao"
  • Estudo e Tramitación de Préstamo 
  • Control sobre a evolución e redacción de informes periodicos sobre a obra
  • Tramitación dos permisos e licenzas de primeira ocupación

Calquera cuestión relacionada coa súa autopromoción terá unha resposta dende o noso equipo de técnicos especializados.