XESTIÓN DE PROXECTOS

En Xestión de Autopromoción, S.L. realizamos a xestión integral do proxecto para que aquelas persoas que descoñecen o sector poidan realizar a súa autopromoción sen ter porque soportar os inconvenientes da promoción clásica: prezos desorbitados e productos convencionais e desorbitados

 

Dende a elección do equipo de redacción do proxecto ata a tramitación da licenza de primeira ocupación da túa vivenda, tódolos trámites e xestións serán realizadas polo noso persoal coa profesionalidade que atesouramos e consideramos como a parte fundamental da nosa empresa. 

 

FASES DUN PROXECTO

  • Conceptualización e desenvolvemento da idea.
  • Deseño e planificación da obra.
  • Obtención de licencias e permisos.
  • Plan Económico Financeiro.
  • Financiamento do proxecto.
  • Construción.
  • Control e supervisión do proxecto.
  • Deseños interiores e acabados.
  • Recepción das obras e finalización do proxecto.
  • Fase de post produción.

Todas e cada unha destas fases son necesarias e fundamentais na realización dun proxecto e no éxito do mesmo. Por iso unha definición concreta e correcta dos obxectivos así como a selección dos axentes intervenientes en cada unha das fases será fundamental para a consecución do proxecto perfecto.

 

En Xestión de Autopromoción, S.L. coidamos cada unha destas fases para non ter ningunha desviación que provoque unha insatisfacción no noso cliente. Deste xeito a satisfacción será mutua e a sensación dun traballo ben realizado estará presente.

 

Se estás pensando en autopromover a túa vivenda non dubides en poñerte en contacto con nos.