LOCAIS COMERCIAIS

Dende XESTIÓN DE AUTOPROMOCIÓN,S.L. somos conscientes da importancia que ten para calquera empresa o seu negocio. Unha inversión tan importante que pode supor a supervivencia da organización. Para iso buscamos novas alternativas que se saían dos parametros normais e que doten as empresas dun valor engadido coa súa imaxe.

Nestes tempos difíciles a autopromoción supón un aforro en costos, por outra banda escasos, que a empresa poderá dedicar a outras fases do seu crecemento.


A continuación amosámoste unha serie de locais comerciais en diferentes localizacións que poden satisfacer as túas necesidades. 

LOCAIS COMERCIAIS ACTUAIS

En SANTIAGO DE COMPOSTELA, dispoñemos de varios locais comerciais, dende 45 ata 272 metros cuadrados, con posibilidades de modificar estes tamaños.

Atópanse a carón de El Corte Inglés, en edificios de próxima construcción.

Aproveitese de mercar en obra, elexindo o que máis se adapte ó seu negocio, nunha zona de atractivo comercial pola presenza de El Corte Inglés, con fácil aparcamento e a un precio de coste. 

 

 

En A CORUÑA, no Parque Ofimático, iniciamos a construcción de edificios que albergarán 11 baixos comerciais, dende 42 ata 258 metros cadrados, permítindolle elexir o tamaño e características que o seu negocio precise, no barrio residencial de maior proxeccion da cidade.